TABLÓN EDICTAL DE SANCIONES DE TRÁFICO
Núm. 000000056760-000001 Mércores 18 semptembro 2019
Resolucións de recursos
Dirección General de Tráfico
   Anuncio da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, do día 2019-09-13, relativo á notificación de resolucións de recursos interpostos contra acordos sancionadores

   De conformidade co disposto nos artigos 91 e 92 do texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (en diante LTSV), aprobado polo Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro (BOE núm. 261, do 31 de outubro), en relación co igualmente previsto para esta materia polos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro); faise pública a notificación das resolucións dos recursos presentados contra os correspondentes acordos sancionadores ditados nos expedientes que se indican, ditadas pola autoridade competente para iso segundo o disposto no artigo 96 do texto refundido da LTVS, en relación co establecido nos artigos 106 e seguintes da precitada Lei 39/2015, do 1 de outubro, dirixidos contra as persoas ou entidades que a continuación se relacionan, xa que, logo de intentar facela no enderezo electrónico viario (DEV) e, en caso de non dispoñer del, no domicilio expresamente indicado para o procedemento ou, de non indicar ningún, no domicilio que figura nos rexistros da Xefatura Central de Tráfico, esta non se puido practicar por resultar a persoa interesada descoñecida, ignorarse o lugar de notificación ou ben porque, logo de intentar levala a cabo no domicilio indicado pola persoa interesada para tales procedementos, esta resultase infrutuosa.

  De acordo co expresamente establecido polos artigos 91 e 92 do texto refundido da LTSV, en relación co disposto polo artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro; este anuncio manterase exposto no taboleiro edictal único do Boletín Oficial do Estado (TEU), así como no taboleiro de edictos de sancións de Tráfico (TESTRA) durante un período de vinte días naturais. Unha vez que este transcorra, entenderase que a correspondente notificación foi practicada e dáse por cumprido o devandito trámite.

  Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co previsto nos artigos 45.2 e 46 da precitada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; está á disposición das persoas interesadas, na Unidade de Sancións da xefatura provincial ou autoridade de Tráfico instrutora, o contido íntegro do devandito procedemento, xunto co resto da documentación correspondente ao expediente indicado.

  Queda esgotada a vía administrativa, sen que contra estas resolucións caiba recurso ordinario ningún no devandito ámbito. Poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña o seu domicilio ou estea a sede do órgano que ditou o acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses, que se contará desde o día seguinte ao da finalización da publicación deste edicto no taboleiro edictal de sancións de Tráfico.

  A documentación correspondente aos expedientes indicados consta na Unidade de Sancións da xefatura provincial ou autoridade de Tráfico instrutora do procedemento sancionador.
glNOTA IMPORTANTE: glLos datos de la publicación de edictos mostrados pueden no ser completos ya que en formato
HTML sólo se muestran los expedientes obtenidos al introducir algún criterio de búsqueda.
Si desea ver un expediente en concreto de esta publicación debe pulsar el bóton correspondiente
de la parte superior izquierda de esta pantalla para introducir dichos criterios de busqueda;
si desea ver esta publicación completa debe descargarla en formato PDF pulsando el
   Pontevedra,2019-09-13,Xefe de Tráfico Provincial de Pontevedra, Paula Yubero Plaza,
CSV: TTRAPU-10A27M-TP7534-242888
https://sede.dgt.gob.es
TABLÓN EDICTAL DE SANCIONES DE TRÁFICO