TABLÓN EDICTAL DE SANCIONES DE TRÁFICO
Núm. 000000056758-000001 Mércores 18 semptembro 2019
Notificacións de denuncia
Dirección General de Tráfico
   Anuncio da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, do día 2019-09-13, relativo á notificación de iniciación de procedementos sancionadores

   De conformidade co disposto nos artigos 91 e 92 do texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (en diante LTSV), aprobado polo Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro (BOE núm. 261, do 31 de outubro), en relación co igualmente previsto para esta materia polos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro); faise pública a notificación da iniciación dos expedientes sancionadores que se indican, instruídos pola xefatura provincial ou autoridade de Tráfico correspondente, contra as persoas ou entidades que a continuación se relacionan, xa que, logo de intentar facela no enderezo electrónico viario (DEV) e, en caso de non dispoñer del, no domicilio expresamente indicado para o procedemento ou, de non indicar ningún, no domicilio que figura nos rexistros da Xefatura Central de Tráfico, esta non se puido practicar por resultar a persoa interesada descoñecida, ignorarse o lugar de notificación ou ben porque, logo de intentar levala a cabo no domicilio indicado pola persoa interesada para tales procedementos, esta resultase infrutuosa.

  De acordo co expresamente establecido polos artigos 91 e 92 do texto refundido da LTSV, en relación co disposto polo artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro; este anuncio manterase exposto no taboleiro edictal único do Boletín Oficial do Estado (TEU), así como no taboleiro de edictos de sancións de Tráfico (TESTRA) durante un período de vinte días naturais. Unha vez que este transcorra, entenderase que a correspondente notificación foi practicada e dáse por cumprido o devandito trámite.

  Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co previsto nos artigos 45.2 e 46 da precitada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; está á disposición das persoas interesadas, na Unidade de Sancións da xefatura provincial ou autoridade de Tráfico instrutora, o contido íntegro da devandita iniciación de procedemento, xunto co resto da documentación correspondente ao expediente indicado. Pódese proceder tanto ao aboamento da multa correspondente como á presentación de alegacións fronte á dita iniciación co que aquel na súa defensa estime conveniente, con achega ou proposición das probas que considere oportuno, dentro do prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial do Estado.

  Se na columna "Requirimento" aparece o número (1), requírese o interesado que se cita, titular rexistral ou arrendatario a longo prazo do vehículo obxecto da denuncia, para que identifique no prazo de vinte días naturais o condutor deste na data indicada; e fáiselle saber que, se incumpre a obrigación legal de identificación daquel, se iniciará procedemento sancionador  contra a súa persoa por infracción do disposto no artigo 11.1.a) do precitado texto refundido da LSTV.

  Se na columna "Requirimento" aparece o número (2), no citado prazo de vinte días naturais, a persoa denunciada pode aboar a multa ou, de ser o caso, identificar o condutor do vehículo obxecto da denuncia na data indicada.

  Logo de que transcorran os prazos indicados sen que se aboase o importe da sanción correspondente nin se fixese uso do dereito para formular alegacións e/ou achegar ou propoñer probas, tramitarase e resolverase o procedemento conforme o previsto nos artigos 94 e 95 do xa citado texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado polo RD lexislativo 6/2015, do 30 de outubro.
glNOTA IMPORTANTE: glLos datos de la publicación de edictos mostrados pueden no ser completos ya que en formato
HTML sólo se muestran los expedientes obtenidos al introducir algún criterio de búsqueda.
Si desea ver un expediente en concreto de esta publicación debe pulsar el bóton correspondiente
de la parte superior izquierda de esta pantalla para introducir dichos criterios de busqueda;
si desea ver esta publicación completa debe descargarla en formato PDF pulsando el
   Pontevedra,2019-09-13,Xefe de Tráfico Provincial de Pontevedra,
CSV: TTRAPU-20TKGI-581S96-EADD5A
https://sede.dgt.gob.es
TABLÓN EDICTAL DE SANCIONES DE TRÁFICO