TABLÓN EDICTAL DE SANCIONES DE TRÁFICO
Núm. 000000071941-000001 Mércores 25 maio 2022
Resolucións de sancións
Dirección General de Tráfico
   Anuncio da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, do día 2022-05-20, relativo á notificación de resolucións sancionadoras

   De conformidade co disposto nos artigos 91 e 92 do texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (en diante LTSV), aprobado polo Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro (BOE núm. 261, do 31 de outubro), en relación co igualmente previsto para esta materia polos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro); faise pública a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores que se indican, ditadas pola autoridade competente, segundo o disposto no artigo 84 do texto refundido da LTVS, contra as persoas ou entidades que a continuación se relacionan, xa que, logo de intentar facela no enderezo electrónico viario (DEV) e, en caso de non dispoñer del, no domicilio expresamente indicado para o procedemento ou, de non indicar ningún, no domicilio que figura nos rexistros da Xefatura Central de Tráfico, esta non se puido practicar por resultar a persoa interesada descoñecida, ignorarse o lugar de notificación ou ben porque, logo de intentar levala a cabo no domicilio indicado pola persoa interesada para tales procedementos, esta resultase infrutuosa.

  De acordo co expresamente establecido polos artigos 91 e 92 do texto refundido LTSV, en relación co disposto polo artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro; este anuncio manterase exposto no taboleiro edictal único do Boletín Oficial do Estado (TEU), así como no taboleiro de edictos de sancións de Tráfico (TESTRA) durante un período de vinte días naturais.  Unha vez que este transcorra, entenderase que a correspondente notificación foi practicada e dáse por cumprido o devandito trámite.

  Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co previsto nos artigos 45.2 e 46 da precitada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; está á disposición das persoas interesadas, na Unidade de Sancións da xefatura provincial ou autoridade de Tráfico instrutora, o contido íntegro do devandito procedemento, xunto co resto da documentación correspondente ao expediente indicado.

  Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición, con carácter potestativo, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da finalización da publicación do presente edicto no taboleiro edictal único do BOE, ante o xefe provincial de Tráfico correspondente, de conformidade co disposto no artigo 96.2 do xa citado texto refundido da LTSV ou, alternativamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña o seu domicilio ou estea a sede do órgano que ditou o acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses, que se contará, igualmente, desde o día seguinte ao da finalización do prazo de vixencia da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

  De non facerse efectivo o importe da multa dentro dos quince días naturais seguintes á firmeza da resolución, procederase á súa exacción mediante o procedemento de constrinximento por parte dos órganos e procedementos de recadación executiva establecidos na normativa tributaria aplicable, de conformidade co disposto no artigo 110 do texto refundido da LTSV, xa mencionado.

  A documentación correspondente aos expedientes indicados consta na Unidade de Sancións da xefatura provincial ou autoridade de tráfico instrutora do procedemento sancionador.
glNOTA IMPORTANTE: glLos datos de la publicación de edictos mostrados pueden no ser completos ya que en formato
HTML sólo se muestran los expedientes obtenidos al introducir algún criterio de búsqueda.
Si desea ver un expediente en concreto de esta publicación debe pulsar el bóton correspondiente
de la parte superior izquierda de esta pantalla para introducir dichos criterios de busqueda;
si desea ver esta publicación completa debe descargarla en formato PDF pulsando el
   Ourense,2022-05-20,Xefe de Tráfico Provincial de Ourense, David Llorente Rey,
CSV: TTRAPU-70V1WR-V5LJE7-B11395
https://sede.dgt.gob.es
TABLÓN EDICTAL DE SANCIONES DE TRÁFICO